Cun repertorio moi animado e un directo enerxizante, The Rapants prometía alegrar a noite do sábado de festas no Barco e non defraudou.
Precedidos da banda valdeorresa de rock Navegando a Barlovento, que tras uns anos de silencio voltan aos escenarios con enerxías renovadas, os muradáns enchían o campo da festa, facendo vibrar ao numeroso público alí reunido, nun espectáculo único.
Como unha das bandas con máis proxección da escena actual galega, foron sen dúbida un dos grandes protagonistas do apartado musical das Festas do Cristo do Barco.


Fotos e vídeos: Ton y Son e cedidos.