Alta calidade deportiva e competición e moita emoción ata os últimos metros. Unha edición máis, a Milla Urbana do Barco convertíase nun auténtico espectáculo e nunha festa do atletismo na tarde deste 14 de setembro coas carreiras elite que comezaban a partir das 19.50h.
Desta volta, os primeiros en tomar a saída eran os absolutos masculinos, cunha ducia de corredores de primeiro nivel, con tanto no ámbito nacional como internacional, na que finalmente, e tras moita igualdade e mesmo sprint, o título desta Milla lográbao David De La Fuente (Pinarium), cun rexistro de 00:04:22, seguido de Pablo Sánchez (F.C. Barcelona) e Daniel Alonso (VickyFoods). A representación valdeorresa nesta proba viña da man de Miguel Gómez.
O broche desta 37º Milla Urbana do Barco poñíase coa carreira feminina, con 11 atletas, na que novamente había un cartel de luxo, entre o que figuraba a valdeorresa Inés Docampo (Unicaja Jaén). Tamén a emoción se mantiña ata ao final nesta carreira, cun sprint, na que se impoñía Rocío Garrido (Atl. Salamanca), sendo o subcampionato para María Viciosa e o terceiro posto para Ángela Viciosa.
Na categoría elite o Periódico O SIL entregaba un ano máis, un premio á mellor atleta valdeorresa na Milla, desta volta Inés Docampo.
Multitude de persoas seguían a evolución destas carreiras e das anteriores do programa, que se iniciaba ás 18h., no circuíto do Malecón do Barco.
Fotos: Carlos G. Hervella.
Vídeos: O SIL.




