Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

Todo listo para a IV Andaina e Trail San Xil de Casaio (Carballeda de V.), previsto para o 27 de setembro

 

A IV Andaina e Trail San Xil de Casaio celebrarase o vindeiro sábado 27 de setembro, con saída e meta na praza de Casaio (Carballeda de Valdeorras). Nesta edición o apartado de trail contará cun dúas opcións para os corredores: un Trail longo con 34 km (saída ás 08:30 horas) e un Trail curto con 20 km. Ademais o programa da proba inclúe unha andaina longa con 20 km e outra andaina curta con 16 km (saída ás 09:30 horas).

Por motivo dos incendios, as andainas e o Trail curto manterán o mesmo percorrido de sempre, pero o “Trail longo cambiámolo, realizando o trazado do ano pasado polas minas de Valborraz, aínda que esta zona tamén ardeu, decidimos facela igual xa que este evento pódese considerar unha festa da montaña e o pobo de Casaio merécese un día de festa”, comentan os promotores.

 

 

As incricións destas probas estarán abertas ata o día 22 de setembro, en Mars on Foot do Barco , Cantina de Nati en Casaio e online en Sportmaniac.

A proba estará organizada pola CMVMC da Serra de Casaio e Lardeira e Rutas Xanzá.

Fotos cedidas.

Back to top button