O tenis sumábase este ano á ampla oferta deportiva do programa das Festas do Cristo do Barco, cun exitoso torneo popular individual e dobres absoluto, organizado por Raqueta Barco co patrocinio do Concello que se desenvolvía entre o 1 e o 14 de setembro.

E precisamente na tarde do Día do Cristo, tralas finais, o alcalde do Barco Aurentino Alonso entregaba os trofeos. Na categoría individual o campión era Julio López que vencía na final a Cristian Gil; e en dobres os campións eran Mario Luego e Sergio López que vencían a Julio López e Conchi Sanjuan.

Fotos: Mónica G. Bellver e cedidas.