Destacada participación do Natación Pabellón Ourense no Campionato de España de Tríatlon Supersprint, disputado a pasada fin de semana en Águilas (Murcia), onde os novos triatletas do club demostraron o “seu gran nivel competitivo e a súa proxección de futuro”.
Na categoría cadete masculina, Hugo debutaba realizando unha excelente competición na rolda preliminar, mentres que en categoría feminina Xiomara asinou tamén unha gran actuación, confirmando o crecemento da canteira do club, tal como explican dende o CNPO.

Na categoría xuvenil, o protagonismo era para Álvaro e Martín, que lograba clasificarse para a final xuvenil tras destacar nas súas respectivas series, e André, que sumaba puntos importantes para o equipo na súa serie preliminar.
Xa na final, “ambos ofreceron unha notable actuación, cun Top 20 para Álvaro e un sólido rendemento conxunto que permitiu ao equipo xuvenil do Natación Pavillón Ourense alcanzar a 9ª posición nacional na clasificación por clubs xuvenís”, din dende o club ourensán asegurando que este resultado supón “un gran logro para o tríatlon ourensán, reflectindo o traballo constante de adestradores e deportistas, así como a consolidación dunha canteira que segue crecendo e deixando pegada en competicións de máximo nivel”.

Fotos cedidas.