DeportesÚltima horaVídeos

O CD Córgomo Vilamartín suma 3 puntos máis tras vencer ao filial do Antela no Bañadoiro

 

Segundo partido da tempada en casa e segunda vitoria. Cun contundente 3-0 remataba o partido disputado na mañá deste domingo 21 de setembro no campo de fútbol O Bañadoiro entre o CD Córgomo Vilamartín e o filial do Antela, coa segunda vitoria en casa para os verdibrancos.

 

 

Nun horario pouco habitual xa que adoitan xogar pola tarde, os rapaces de Iván González saltaban ao terreo de xogo arroupados coma sempre pola incondicional afección e dispostos a vencer trala derrota da anterior xornada pola mínima no campo do Sportig Carballiño e xa na primeira parte levaban o control do partido anotando os dous primeiros goles, primeiro Vidal e despois Perrini.

 

 

E tralo paso vestiario os locais seguían atacando sendo Perrini quen facía dobrete anotando o terceiro gol co que sentenciaba o encontro.

A seguinte cita será no campo Os Medos contra o CD Brollón.

 

 

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

Back to top button