SanidadeÚltima hora

Mesa informativa no Hospital do Barco polo Día Mundial da Investigación contra o Cancro

A AECC pon de relevancia a "necesidade de apoiar a investigación oncolóxica para aumentar a supervivencia fronte ao cancro"

 

A investigación oncolóxica é determinante para aumentar a supervivencia en cancro. Os pacientes necesitan máis investigación para afrontar as necesidades que expón o cancro. A Asociación Española Contra o Cancro (AECC) leva máis de 50 anos impulsando a investigación e aumentando o investimento cada ano, tendo o reto de superar o 70% de supervivencia en cancro en 2030. “A investigación oncolóxica tradúcese en máis vida”, aseguran.

Hoxe en día impulsa a maior rede de investigación en cancro en España con 2.300 investigadores, distribuídos en 146 centros de investigación en 38 provincias traballando en todas as fases do desenvolvemento do cancro, desde a prevención ata a metástase. Ademais, é a entidade social e privada que máis fondos destina a investigar o cancro: 143 millóns de euros en 750 proxectos.

 

 

Con motivo do Día Mundial de Investigación Contra o Cancro na xornada deste mércores 24 de setembro a Asociación en Ourense levará a cabo estas actividades para achegar a importancia da investigación para atender as necesidades clínicas dos pacientes e mellorar a súa calidade de vida.

No caso do Barco de Valdeorras de 10 a 12:30 horas hai unha mesa informativa da campaña e un muro de mensaxes “Para ti, ¿en que se traduce a investigación en cancro?” na sala de espera central do Hospital Público Valdeorras.

Fotos: Mónica G. Bellver

Back to top button