O municipio de Lubián, na Alta Sanabria (Zamora) despídese de setembro e tamén da programación do seu “Verán Cultural” coa celebración da Romería da Tuíza, un dos referentes festivos na comarca. O programa abríase na noite do 26 de setembro cunha verbena a cargo de da orquestra Kubo, continuaba onte sábado coa actuación da orquestra New York e chega a súa xornada central neste domingo, coa Romería da Tuíza no santuario do mesmo nome e dedicado á Virxe das Neves. Dentro das actividades inclúese tamén unha mostra de produtos.
Así, ás 11:30h. oficiábase a primeira misa da mañá no templo, despois, ás 13h. celebrábase a misa maior, xunto coa procesión coa imaxe da Virxe das Neves, que estaba acompañada pola música da Banda As Portelas e cantada a misa pola Coral Polifónica Candea de Viana do Bolo.
Despois, os asistentes podían desfrutar de xantar no mesmo santuario, ao haber pulpeira. Ademais a partir das 18h. soará a orquestra La Ocaband.
Esta celebración forma parte do “Verán Cultural” de Lubián, patrocinado polo Concello e coa colaboración das Xuntas de Montes, da Asociación Xente nova e da Banda de Gaitas As Portelas.
Fotos: Carlos G. Hervella.


