Seguen as boas novas para o Club Tenis Rúa. Un dos seus membros, o capitán do equipo absoluto Diego Blanco, vén de proclamarse campión absoluto do XXXV Torneo de Tenis Memorial Ángel Bello disputado no Club Tenis Redes, no concello de Ares (A Coruña) tras derrotar na final a Pablo Somoza por 6-1/6-0.
Tal como explican dende o club rués, Diego Blanco vencía en oitavos de final a Mikel Salgado por 6-1/6-0; en cuartos de final a José Vilasánchez por 7-5/6-1; e en semifinais ao cabeza de serie número 1 do torneo, Jaime Espino por 7-6/6-2.
Nas vindeiras semanas Diego disputará dúas probas: o Open Zapateira de Tenis na Coruña e a Copa Deputación de Tenis de Ourense.

Fotos: C.T. Rúa