DeportesFútbol salaÚltima hora

O valdeorrés Xocas Miranda, mellor adestrador da Preferente Futgal Sur de fútbol sala

Xocas Miranda./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Nos seus case trinta anos como adestrador de fútbol sala (no Vilamartín FS, no Pizarras Tres Cuñados FS, no Ribeira e actualmente no Vianariño FS), o barquense Xocas Miranda leva conseguido moitos logros e tamén recoñecementos a nivel galego e tamén nacional.

O último é o premio ao mellor adestrador da Preferente Futgal (Grupo 2) de fútbol sala, que concede a Escola de Adestradores e que lle será entrado nun acto en Ferrol (A Coruña) o vindeiro sábado.

Back to top button