SanidadeÚltima hora

Asilival convoca unha manifestación en “defensa da sanidade pública” no Barco o xoves 9 de outubro

Está prevista para as 11h. diante do Hospital Público de Valdeorras

Imaxe dunha concentración anterior./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Continúan as accións reivindicativas da Asociación de Silicosis de Valdeorras para demandar melloras na atención sanitaria. Esta entidade, que xurdía a primeiros deste ano para demandar a presenza permanente dun neumólogo no Hospital Público de Valdeorras, vén convocando unha serie de concentracións diante deste centro hospitalario para seguir incidindo nesa petición.

Manténdoa, pero indo máis aló e pedindo melloras en xeral na atención asistencial no Distrito Sanitario do Barco, Asilival convoca unha manifestación para o xoves 9 de outubro ás 11h. diante do hospital do Barco baixo o lema “¡Defendamos a sanidade pública!”.

 

Back to top button