Deportes

Máis de 150 ciclistas inscritos na V BTT Ruta do Viño de Valdeorras que se celebrará o 19 de outubro en Rubiá

Participantes na anterior edición da Ruta, no Bolo./ Foto: O SIL.

 

Máis de 150 ciclistas, a maioría na ruta longa, participarán o vindeiro domingo 19 de outubro na V BTT Ruta do Viño de Valdeorras que discorrerá integramente polo concello de Rubiá.

Ás 9:30 horas a vicepresidenta da Ruta do Viño, Montserrat Rodríguez, xunto ao alcalde de Rubiá, Elías Rodríguez, a delegada especial para Valdeorras da Deputación de Ourense, María Carmen González e o director da Axencia Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles, darán a benvida aos participantes na praza da Baicela, na localidade de Rubiá.

De seguiro comezará a marcha cicloturística a través de dous percorridos, un de 45 quilómetros e outro de 37 quilómetros que poñen en valor uno dos lugares máis emblemáticos da comarca como o Parque Natural Serra da Enciña da Lastra, entre outros.

 

 

Back to top button