ConcellosO BarcoÚltima horaVídeos

Os bombeiros cortan ramas de palmeiras, afectadas por unha praga, no Malecón do Barco

Durante as últimas semanas retiráronse xa catro exemplares en diferentes puntos do Barco, ao comprobarse o seu mal estado e o evidente risco de caída, segundo o Concello

 

Os bombeiros do parque comarcal de Valdeorras prodecían este mediodía a cortar as ramas de dúas das palmeiras que se atopan no Paseo do Malecón do Barco, e que están enfermas por unha praga que afecta a estas árbores.

Para poder realizar estes traballos desprazábanse ata o lugar dous camións de bombeiros, con escaleira extensible, e tamén a Policía Local, que cortaba temporalmente ao tráfico a rúa Irmáns Dequidt.

As árbores enfermeron por mor dun insecto, o picudo vermello (Rhynchophorus ferrugineus), un “gurgullo asiático cuxas larvas cavan galerías no interior do tronco, debilitando e matando as palmeiras. Os síntomas inclúen follas caídas, un corazón esfiañado, buracos e a presenza de capullos, pero cando se advirten os síntomas en moitos casos xa non se pode aplicar ningún tratamento”, segundo explica o Concello.

 

 

Durante as últimas semanas retiráronse xa catro exemplares en diferentes puntos do Barco, ao comprobarse o seu mal estado e o evidente risco de caída. Un deles, na praza Academia Dequidt, retirouse despois de que caese sen causar danos. Os outros tres, na Urbanización As Palmeiras, ao comprobarse que estaban danadas e afectadas pola mesma praga.

O Concello está a proceder a inspeccionar todas as palmeiras existentes no municipio, e retiraranse as que estean enfermas. Nun futuro próximo, plantaranse árbores para substituír aos retirados.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Vídeo cedido.

 

 

Back to top button