
A Asociación Ayuda a afectados de Silicosis (A.A.S.V) vén de informar, a través dunha nota de prensa, de que mantivo unha reunión no Hospital Público de Valdeorras co director asistencial, o Eloy Sánchez e o director do centro, Alberto Pedrera.
“Fixemos un seguimento dos avances realizados no último mes en beneficio dos enfermos de silicoses. A primeira acción de A.A.S.V. foi coordinar a aqueles enfermos que nos advertiron que non figuraban no censo de afectados co fin de asegurar un mellor seguimento nas revisións da súa enfermidade. Por iso, animamos aos que non estean no devandito censo, póñanse en contacto con esta asociación para corrixir este punto. Así mesmo, realizamos un seguimento, vendo unha maior axilidade na citación de enfermos por parte da unidade asistencial do Hospital. O servizo de Pneumoloxía atenderá á maioría dos pacientes de silicoses no Barco, que xa conta cunha consulta estable”, segundo din dende esta asociación.
Ademais, A.A.S.V. asegura que “os pacientes cun seguimento máis específico pola súa enfermidade, (grao lll), serán atendidos desde Ourense ou Vigo, ben fisicamente ou por vía telefónica”.
Así mesmo, a asociación pretende lograr un “convenio entre a Xunta de Galicia e o Ministerio de Sanidade para que desde Ourense se poida atender profesionalmente aos enfermos de silicose como fai o Instituto Nacional de Silicose de Oviedo, para así evitar desprazamentos inútiles e conseguir un maior grao de coordinación entre especialistas e enfermos”.