Chandrexa de QueixaConcellosÚltima hora

Socios da extinta Asociación de Xubilados de Chandrexa xúntanse nunha viaxe á provincia de León

 

Un grupo de veciños de Chandrexa de Queixa, todos eles socios da extinta Asociación de Xubilados de Chandrexa, organizaban e custeábanse unha excursión. Deste xeito reaccionaba ante a morriña que sentían polas numerosas viaxes que se organizaban dende esta entidade, xa desaparecida, e que servían como punto de encontro de convivencia e comunidade.

A viaxe duraba dous días e unha noite, con visitas guiadas por Astorga, León e pola covas de Valporquero.

A experiencia resultáballes moi gratificante. E tanto é así que estes veciños non descartan seguir organizando saídas deste tipo. A experiencia mesmo lles serviu para coller folgos e pensar en retomar a antiga asociación, que tantas alegrías deu á veciñanza de Chandrexa.

Fotos cedidas.

 

Back to top button