SanidadeÚltima hora

Este xoves nova concentración de Asilival diante do Hospital de Valdeorras

Foto: O SIL.

 

Un xoves máis, a Asociación de Silicosis de Valdeorras (Asilival) convoca unha concentración para pedir un neumólogo permanente no Hospital Público de Valdeorras, no Barco. Será o vindeiro 23 de outubro ás 11h. diante deste centro hospitalario.

Dende a asociación convidan a veciñanza a sumarse a esta mobilización e agradecen o apoio recibido ata agora.

Back to top button