Rodeada da súa familia e na súa casa no Barco, Carmen Feliz Fernández celebraba neste mes de outubro os seus 103 anos. Toda vida vinculada ao barrio barquense de San Roque, onde nacía no outono de 1922.
Carmen era a primeira nena despois dos seus irmáns Toño e Paco. Despois dela aínda virían dous máis, Pepito e Tita. O seu pai Fermín, era zapateiro, e co seu avó remendaban e facían zapatos, facían de zapateiro e de zapatería, era músico afeccionado, tocaba a guitarra nunha coral do Barco e lembraba sempre as noites despois de cear ao seu pai á guitarra xunto aos seus irmáns, á calor da cheminea.
Formaron unha familia de 7 pouco tempo, porque o destino quixo que recentemente cumprido un ano a pequena, por unha pulmonía, deixase á súa nai Carmucha viúva con cinco fillos, todos menores de doce anos, ao seu cargo. Unhas irmás da súa nai en Rubiá, Concha, Fina e Teresa, de sobrenome as Pellonas (polo seu apelido Pellón), encargáronse de axudalos.
Os pequenos foron vivir con elas e os maiores subían e baixaban ao Barco, mentres axudaban á súa nai. E saíron adiante, a súa nai dedicouse a seguir o negocio familiar de converter as uvas en viño, nas varias viñas que tiñan, e ata que non casaron e formaron outra familia, os maiores sempre se ocupaban dos pequenos.
Carmen viviu en Madrid, Lugo e Santander ata que coñeceu ao que sería o seu marido, Jesús das colmeas, dos pensos, dos polos, dos seguros, segundo á época a que se dedicaba a unha actividade, asi tiña o sobrenome. Con el formou unha familia con 7 fillos, no Barco.

Gustáballe moito ler, iso fixo dela unha persoa moi culta , aínda que fose moi pouco á escola, e cantar cantares da súa nenez e sobre todo o himno do Nazareno, co que sempre se emocionaba e ir á horta para quitar herbas e poñer flores E iso fixo mentres puido ler e cantar e coidar flores.
Sempre estivo moi orgullosa da súa vila, ata case os 100 anos lembraba todos os veciños do seu barrio de San Roque e, sobre todo, acordábase dos seus irmáns que se foron antes que ela , dos que estaba tan orgullosa e tan agradecida.
Criados os 7 fillos, con sacrificio pero sen queixarse nunca, agora que ve pasar pola súa casa aos 14 netos e 13 bisnietos, míralles despistada e se son bebés aínda ten forza para darlles ese colo, dos que tantos deu, e quizais para os seus adentros lembrar vellos tempos, 103 anos case nada.
Fotos da galería: Carlos G. Hervella.
