Nosa Señora de Fátima en Fontei e Santo Estevo. Son as dúas parroquias da Rúa que na tarde deste sábado 1 de novembro celebraban o Día de Todos os Santos nos respectivos cemiterios.


Presididos polo párroco Daniel Perez Quintela, o cemiterio de Fontei era primeiro en acoller os cultos aos que asistía numerosa xente, arredor das catro da tarde.



Unha hora máis tarde era a quenda do cemiterio da Rúa Vella, o máis antigo da vila, que tamén acollía a numerosos veciños e visitantes que asistían á celebración que comezaban cun cántico, seguido dos responsos.
Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.