CulturaCulturaÚltima horaVídeos

O terrorífico e espectacular Samaín da Rúa Vella bate un novo recórd de participación

 

Hai días que a decoración en diferentes vivendas e mesmo a pé de rúa, daba pistas sobre o que a Asociación Sabugueiro estaba cociñando para a unha nova edición do Samaín da Rúa Vella e na tarde deste sábado 1 de novembro o misterio quedaba desvelado.

 

 

Arredor das 17:30 horass, os participantes comezaban un divertido e terrorífico percorrido polas rúas do pobo disfrazados cos máis siniestros disfraces, xogando e recibindo lambetadas. Para conseguilo, os cativos tiñan que seguir o mapa elaborado pola organización “e ter moito coidado coas meigas, pantasmas e zombies que podes atopar no  camiño”. E así o facían visitando un total de 13 puntos.

 

 

Primeiro era a quenda dos máis pequenos, acompañados na maioría dos casos por adultos. En grupos reducidos ían saíndo dende o adro da igrexa de Santo Estevo seguindo as indicacións do mapa e dos membros da organización, visitando as casas colaboradoras ata a praza César Conti. E entre medias, o camposanto, a colmea, o campo de millo, a Terra Santa, meigas, túnel do terror, un laborario, unha botica, un exorcismo e ata unha serea, ata chegar ao final da ruta, no Bar San Roque cun chocolate como broche.

 

 

A sesión xuvenil, comezaba xa de noite, aínda máis terrorífica.

 

 

Nesta edición superáronse con creces os participantes da anterior edición, con 430 entre as dúas sesións; e tamén a de personaxes terroríficos coa colaboración de 70 persoas ben metidas no seu papel para facer pasar unha tarde inesquecible.

 

 

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

Back to top button