OurenseÚltima horaVídeos

A 48ª Carreira Pedestre Popular do San Martiño enche de atletas a cidade de Ourense

 

Na mañá deste domingo 9 de novembro, seca pero moi fría, a cidade de Ourense volvía vibrar cunha nova edición da San Martiño, a carreira popular pedestre decana de Galicia que reunía a máis de 10.000 corredores nas sete carreiras que se sucedían dende as 11 horas.

 

 

A esa hora arrincaba na Ponte do Milenio a carreira absoluta con máis de 3.500 corredores chegados dende diferentes partes de Galicia, entre eles varios internacionais e mesmo dúas olímpicas, ademais de afeccionados de Valdeorras e outras moitas comarcas. Cun percorrido inédito, esixente e rápido, marcado polas obras que se están desenvolvendo na cidade, á saída asistían entre outros o alcalde de Ourense Gonzalo Pérez e o presidente da Deputación Luis Menor.

 

 

Coa inestimable colaboración dos membros do equipo de Rugbi e Protección Civil, e o acompañamento da Policía Local, ás 12:30 horas comezaba a primeira carreira de categorías base, sendo a inclusiva a que pechaba a gran festa atlética da cidade.

 

 

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

Máis información e fotos:

Alejo Ares (Adas), no top 10 da multitudinaria carreira absoluta da San Martiño que reuníu a máis de 3.000 corredores en Ourense

Back to top button