Por todo o alto celebran en Quiroga a festividade de San Martiño (patrón da localidade) na xornada deste martes 11 de novembro.


Os actos comezaban pola mañá cos actos relixiosos (misa e procesión co Santo) e alaborada a cargo do grupo O Recando); e xa pola tarde na praza Maior, cuberta parcialmente por unha carpa, houbo xogos populares e o tradicional magosto popular, no que asaban un 500 quilos de castañas e repartían uns 100 litros de viño novo, ademais de baile amenizado polo grupo de gaitas O Recanto e máis tarde Dj Michel.
Coma sempre e dende as sete da tarde, eran moitos os veciños que se achegaban ata o lugar, para pasar un bo rato e de paso degustar as suculentas castañas recén asadas. Entre eles non faltaron membros da corporación municipal, coma sempre co alcalde á cabeza.


Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.