ConcellosSan Xoán de RíoÚltima horaVídeos

Estampa nevada en San Xoán de Río

 

A borrasca que durante toda esta semana afectará a Galicia estase deixando sentir no interior, con inestabilidade en forma de frío, chuvia, vento e tamén neve. Esta última chegaba a San Xoán de Río, na comarca trivesa, na tarde deste martes 2 de decembro cunha intensa nevada que envolvía a localidade e a contorna.

 

 

A baixada de temperaturas deixaba tamén cubertas de brando as montañas da comarca de Valdeorras. Nas Terras de Trives e outros puntos como Montederramo seguía nevando pola tarde, tendo que intervir o quitaneves.

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella e cedidas.
Vídeos: Carlos G. Hervella.

Back to top button