
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) apela á solidariedade dos galegos e galegas e fai un chamamento á participación da cidadanía. “O vaga de gripe e enfermidades víricas respiratorias ten menoscabado a participación dos doantes polo que as reservas dos distintos grupos sanguíneos diminuído”, asegura.
Neste momento, o chamamento é xeneralizado á participación de todos os doantes pero, moi especialmente aos grupos A Positivo, A Negativo e Cero Negativo.
A ADOS dispón de sete locais de doazón nas sete grandes cidades galegas e dez unidades móbiles que efectuarán, nas vindeiras xornadas, os seguintes desprazamentos:
| DATA | DESPRAZAMENTOS |
| Venres 5 de decembro | Abegondo, Cabanas, Carballo, Ribeira, Bertamiráns (Ames), Burela, Ribadavia, Cambados, Cangas do Morrazo e Porriño |
| Martes 9 de decembro | Cedeira, Kimak, Teixeiro (Curtis), Jealsa (Bodión), Muros, Ronda das Fontiñas (Lugo), Quiroga, Barrio Rúa do Paseo (Ourense), Mondariz, Ribadumia e Tomiño |
| Mércores 10 de decembro | Repsol e Barrio Os Mallos (A Coruña), Muxía, Jealsa (Bodión), Miño, Praza Roja (Santiago), Praza Maior (Lugo), A Cañiza, O Rosal, Zona da Ferraría (Pontevedra) e Barrio do Calvario (Vigo) |
| Xoves 11 de decembro | Praza de España (Ferrol), Polígono da Grela e Cantón-Obelisco (A Coruña), Cambre, Escurís, Milladoiro (Ames), Viveiro, Barrio estación (Ourense), Arbo, Rúa Príncipe e Barrio Torrecedeira (Vigo) e Vilanova de Arousa |
A Axencia agradece “o compromiso de todos os galegos e galegas que doan sangue e convida a todos aqueles que aínda non o fixeron, a que den o paso solidario de acudir ata unha unidade móbil ou un local da ADOS e realicen esa doazón que permite, cada día, a moitos doentes solucionar graves problemas de saúde”.
Para máis información, ADOS dispón do sitio web: https://ados.sergas.gal, as súas redes sociais, e o teléfono gratuíto: 900 100 828, para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles.