
A deste venres será a última das catro xornadas de folga consecutivas que os médicos (de todos os niveis asistenciais) tanto ourensáns e galegos, como do resto de España, iniciaban o martes para manifestar a súa postura contraria ao anteproxecto de Lei do Estatuto Marco que pretende levar adiante o Ministerio de Sanidade e tamén, tal e como manifestan sindicatos como O’Mega, para reivindicar a posta en marcha de medidas que melloren a organización da Sanidade pública galega e teñan en conta as reivindicacións laborais dos médicos e facultativos del Sergas.
Téñense realizado concentracións nos centros sanitarios e tamén manifestacións no caso de cidades como Vigo.
Entre os facultativos que secundaban estaba folga estaban algúns do Hospital Público de Valdeorras que esta mañá se concentraban no exterior do centro.
Foto cedida.