Andainas-Trails-OrientaciónDeportesMontañismoÚltima hora

O Club Peña Trevinca Barco coloca o seu belén no teito galego

Unhas 36 persoas participaban hoxe nunha marcha ata Pena Trevinca

 

Neste sábado 13 de decembro os membros do Club Peña Trevinca Barco realizaban unha marcha de montaña ata Pena Trevinca para cumprir coa tradición: colocar o nacemento “como levamos poñéndoo desde hai moitos anos”.

Un total de 36 persoas participaban nesta actividade que comezaba cando collían o autobús para dirixirse ata a Cabrita. Ao principio atopaban neve, pero despois despexaba o día nunha marcha na que o branco dominaba a paisaxe do teito galego.

Unha vez alí, encargábanse de colocar o belén aqueles que nunha subiran a Trevinca: Alberto, Iago e Arisna unha nena que vai facer 11 anos.

Despois , o grupo iniciativa o camiño de volta e compartía un xantar no Albergue de Casaio, propiedade de Pedro e Elba. “Foi unha magnífica xornada e mellor compañía”, resume o presidente do club, Miguel de la Cal.

Fotos cedidas.

 

Back to top button