Cada ano é un nacemento diferente. Sempre hai algún detalle novo por descubrir e, ademais, cada Nadal cambia a distribución dos seus elementos e mesmo as zonas que o compoñen. Pero sempre se coida ao máximo cada elemento, con sumo coidado e ilusión. Dende hai xa 11 anos tres matrimonios veciños de Viloira (O Barco) traballa para preparar e montar o belén artesán que pode verse na iglesia parroquial desta localidade.

Son multitude de figuriñas que recrean diferentes ambientes: dende a zona da do pesebre, ata labores campensiñas de traballo do campo e gandería, pasando por un animado mercado con todo tipo de postos, ademais de palacios e outras construcións e, por suposto, escenas como a da chegada dos Reis Magos. Conta con figuras articuladas e non falta tamén un río en movemento, entre outras singularidades.

En definitiva son multitude de elementos e detalles dun precioso belén que paga pena coñecer e desfrutar con detemento. Este fermoso nacemento estará aberto ao público a partir do 19 de decembro e poderá visitarse ata o 11 de xaneiro os venres, sábados domingos e festivos de 18h. a 20h.
Na súa elaboración, os seus promotores tamén contan co apoio da parroquia. Ademais, engalanan o altar para as vindeiras datas do Nadal e tamén outras zonas da igrexa como a súa entrada.
Fotos e vídeo: A.R.


