Ata o vindeiro luns 22 de decembro poderá visitarse a exposición conxunta de Enrique Prada, Roberto Álvarez e Noé Blanco que baixo o título ‘Descubrir/Revelar/Exteriorizar’ está no Teatro Lauro Olmo do Barco de Valdeorras dende o 5 de decembro cando se inauguraba.
Trátase dunha escolma das obras destes tres artistas valdeorreses que combina foto, colaxe, pintura e debuxo, ademais de traballar en paralelo con obras de arte que unen vida, pensamento e creación.
Na tarde deste venres 19 de decembro recibía a visita doutro artista valdeorrés, o recoñecido Xelo de Tremiñá, que loou o traballo dos mozos, felicitándoos pola iniciativa.
Fotos: Mónica G. Bellver.
Máis información e fotos.