EconomíaEconomíaÚltima horaVídeos

O Tren turístico do Nadal do CCA percorre a vila do Barco

 

Polas rúas do Barco podía verse xa nesta mañá o tren turístico do Centro Comercial Aberto (CCA) que forma parte da súa campaña de Nadal. Sae dende o aparcamento da avenida Conde Fenosa, onde tamén está ubicada neste luns a Casiña de Papá Noel.

 

 

Así o 22 de decembro (en horario de 11:30h. a 13:30h. e de 18h. a 20h.) Papá Noel estará xunto a Mickey e Minnie na citada avenida Conde Fenosa e o día 23 na Praza Maior e o día 24 na praza do Concello. E nesas mesmas datas estará instalado un fotomatón pra que os cativos poidan facerse fotos con estas figuras e, ademais o 23 e 24 caerá a neve na zona da casiña.

Fotos e vídeo: O SIL.

Back to top button