EconomíaEconomíaÚltima horaVídeos

O salón de estética e beleza ‘Bico’ inaugura as súas novas instalacións, no Barco

 

Menos de dous anos despois da súa apertura na rúa Pérez Lista do Barco de Valdeorras, en marzo de 2024, ‘Bico’ abre as portas das súas novas instalacións, na rúa Academia Dequidt 1 (con entrada polo paseo do Malecón).

 

 

Buscando coidar e mimar á súa clientela, apostando pola terapia manual, o proxecto era promovido por Natalia Prada e Elia e Rodríguez ás que se sumaban Damaris Guerez, Lauren Castañeda e Melisa Troncoso formando o equipo que na tarde deste venres 26 de decembro, en pleno Nadal, daba a coñecer o novo establecemento. Un salón de beleza e estética “no que ofrecemos múltiples servizos, sobre todo, fomentando o que é a terapia manual, iso que non se pode conseguir a nivel internet ou de plataformas que ofrecen todo tipo de cousas. Nós mimamos ese detalle, tanto en tratamentos capilares coidando a masaxe e demais, como en tratamentos estéticos, tamén mimando moito a terapia manual e traballando o equilibrio vital da persoa”, explicaban no seu momento.

 

 

Unha filosofía que manteñen aumentando tratamentos e servizos de forma progresiva. “Imos incorporando tecnoloxía e aparatos novos”, din destacando o local que inauguraban hoxe “moito máis grande e cómodo tanto para nós como para as clientas”.

 

 

O equipo fórmano catro persoas no apartado de estética e unha no de perruquería para dar un servizo integral. “As clientas terán o servizo completo, dende a cabeza ata os pes, porque empezamos coa perruquería e terminamos coa pedicura”, mantendo o coidado e mimo a cada clienta, algo que para elas “é a esencia”, aseguran.

 

 

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

 

 

Back to top button