ConcellosTrivesÚltima horaVídeos

O Belén de Elías, unha obra de arte en movemento, no Nadal da Pobra de Trives

 

Instalado dende hai uns anos no CEIP Manuel Bermúdez Couso (empezou estando en Santa Leonor) o Belén de Elías é un dos emblemas do Nadal na Pobra de Trives e reclamo para visitantes.

 

 

Feito con materiais reciclados é unha obra de arte en movemento confeccionado peza a peza por Elías Álvarez González, xa falecido) que inclúe moitas das edificacións da Pobra de Trives (a Torre do Reloxo, Santa Leonor,…).

 

 

A inauguración tiña lugar o 23 de decembro e pode visitarse diariamente, agás o 25 de decembro e o 1 e 6 de xaneiro, en horario de 17 a 19 horas. A encargada de amosalo, a directora do Orfeón Trives Sandra González, asegura que é moita xente que pasa polo colexio para velo e desfrutar dun paseo pola particular visión navideña do belenista vencellado a Trives e coñecido pola súa maña e arte.

 

 

Fotos e vídeos cedidos.

 

Back to top button