CulturaCulturaEducaciónÚltima horaVídeos

Xornada de Educación Viaria no CEIP Virxe do Camiño de Rubiá

 

Na mañá deste venres 16 de xaneiro o alumnado do CEIP Virxe do Camiño de Rubiá participaba nunha interesante, formativa e tamén divertida xornada de Educación Viaria a cargo da Xefatura de Tráfico de Ourense.

Cunha parte teórica na aula e outra práctica no pavillón deportivo municipal, os cativos (dende Infantil ata 6º de Primaria), aprenderon nocións básicas sobre o comportamento dos peóns e tamén sobre como deben circular cando vaian en bicicleta o patinete, entre outras.

 

 

Fotos e vídeo cedidos.

Back to top button