CulturaCulturaMúsicaÚltima horaVídeos

Magín Blanco fai un percorrido pola súa traxectoria musical como broche á XXIV Festa do Botelo

 

Con música. Cun concerto de Magín Blanco remataba no Teatro Lauro Olmo do Barco de Valdeorras a programación cultural da XXIV Festa do Botelo.

 

 

Na tarde do domingo 18 de xaneiro, acompañado por Pablo Vidal ao baixo e Clara á arpa e da súa inseparable guitarra, o artista rués fixo un “Percorrido” pola súa traxectoria musical dende os seus comezos no grupo de rock La Rosa ata a actualidad pasando polas diferentes etapas de A Nena e o Grilo.

 

 

Fermoso resumo musical dunha vida que o músico intercalaba con anécdotas e curiosidades como que o primeiro grupo de Magín chamábase Voyeur, na honra ao batería de orixe francés, entre outras moitas historias porque 40 anos dan para moito.

Imaxes cedidas.

Back to top button