CulturaCulturaÚltima horaVídeos

A Fundación Florencio Delgado Gurriarán seguirá contando coa Deputación para buscar novas liñas de axudas para a súa sede

 

Na mañá deste mércores 28 de xaneiro o presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, achegábase ata o Barco para manter unha nova xornada de traballo na comarca de Valdeorras, a primeira do ano, un compromiso de mandato que o leva a intensificar a súa presenza no territorio cada mes. No transcurso dos seus encontros coa Fundación Florencio Delgado Gurriarán, a Ruta do Viño e o CCA O Barco, o presidente trasladou o apoio firme da institución provincial a “proxectos que definen a identidade e o futuro económico da comarca”.

 

 

“O noso obxectivo é pasar das boas intencións a unha axenda concreta de accións que beneficie a todos os valdeorreses”, concluíu Luis Menor ao peche da xornada que tivo lugar na sede provisional da Deputación, na Casa Grande de Viloira, onde estivo acompañado pola deputada por Valdeorras María Carmen González,  recalcando que “os sectores produtivos desta comarca son absolutamente estratéxicos para a institución provincial, tales como a viticultura e a lousa, .así como o sector comercial e a dinamización cultural”.

 

 

En relación á primeira e única fundación cultural de Valdeorras, que está dirixida por Débora Álvarez que asistía á reunión con Miguel Bautista, membro do patronato, Luis Menor destacou o seu papel estratéxico, lembrando que a Fundación Delgado Gurriarán non só protexe o legado dun poeta que nunca renunciou aos valores democráticos , “senón que nace coa firme intención de unir a comarca e proxectar a nosa cultura ao exterior”.

Dende a Deputación manterase e reforzarase a colaboración actual, centrada nos seus gastos de funcionamento, explorando así novas liñas de axudas para a súa sede e reforzar así un proxecto clave que, “ao estar en pleno Camiño do Inverno, axudará tamén a potenciar esta ruta xacobea”, dixo Menor.

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

Back to top button