CulturaCulturaEducaciónÚltima horaVídeos

O CEIP Virxe do Camiño de Rubiá corre pola paz

 

Na mañá do venres 30 de xaneiro, con motivo do Día Escolar da Paz e a Non Violencia, a comunidade educativa do CEIP Virxe do Camiño de Rubiá calzaba as zapatillas de deporte para correr. Un xesto simbólico  “para poñer do noso tempo e do noso esforzo, en conseguir un mundo mellor”, din dende o centro.

 

 

 

E para iso, colaboraban con SAVE THE CHILDREN, mobilizando a toda a comunidade educativa por un mundo máis xusto. “Grazas a todas as familias, que colaborástedes con nós, ás que viñéstedes a vernos e poñer do voso tempo… e sobre todo, ós que tamén viñéstedes a poñer o voso esforzo e botar a correr con nós”, din dende o centro recoñecendo que “sen dubida algunha os que hoxe merecen un aplauso enorme, son os nenos e nenas de 5º e 6° que nos deron a todos os presentes unha lección de compañerismo na súa tanda de carreira. Estamos educando unha boa comunidade”, aseguran.

 

 

Fotos e vídeo cedidos.

Back to top button