A GudiñaA MezquitaConcellosEn portadaMonterreiOímbraÚltima horaVerín

A Xunta achegará o 60% do investimento asignado do PAI Futuro Verde do Alto Támega, máis de 1,7M€

Ángeles Vázquez, mantivo hoxe un encontro con representantes de oito concellos polos que pasa o río Támega (Monterrei, Oímbra, Cualedro, Laza, Riós, Vilardevós, A Gudiña e a Mezquita) para avanzar na definición da colaboración para planificar unhas actuacións que tamén benefician aos concellos de Verín e Castrelo do Val,

 

A Xunta vai aportar o 60% dos investimentos correspondentes aos concellos no plan de actuación integrado (PAI) Futuro verde do alto Támega, algo máis de 1,7 millóns de euros dos 2,9 millóns de euros financiados polas entidades locais. O PAI, que conta cun orzamento total de máis de 7,2 millóns de euros contando a aportación estatal, céntrase principalmente en actuacións relacionadas co ciclo integral da auga, como son melloras tanto nas redes de saneamento como de abastecemento existentes na zona.

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, mantivo hoxe un encontro con representantes de oito concellos polos que pasa o río Támega (Monterrei, Oímbra, Cualedro, Laza, Riós, Vilardevós, A Gudiña e a Mezquita) para avanzar na definición da colaboración para planificar unhas actuacións que tamén benefician aos concellos de Verín e Castrelo do Val, que non puideron participar na reunión.

O PAI Futuro verde do alto Támega foi seleccionado para acceder aos fondos que outorga o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) aos PAI do Plan de Estratexias de Desenvolvemento Integrado Local e as obras previstas teñen que estar rematadas, xustificadas e entregadas antes do 31 de decembro de 2029.

Por iso, a responsable autonómica salientou a importancia de poñerse a traballar canto antes e que o organismo de conca autonómico reciba os proxectos das actuacións a desenvolver para verificar que cumpren coas condicións técnicas e legais exixidas así como que dispoñen dos permisos pertinentes para establecer o calendario de cofinanciamento para a súa execución.

 

Xoan 16,30 h.- A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, reunirase cos alcaldes dos concellos do río Támega. Na sala de xuntas. Foto Xoán Crespo

 

Colaboración

Neste sentido, Augas de Galicia estudará a fórmula xurídica máis axeitada -na reunión valorouse a posibilidade de establecer convenios individuais con cada un dos concellos- para facer chegar o financiamento comprometido a cada entidade local.

Deste xeito, o Executivo galego e os Gobernos locais colaborarán no desenvolvemento de distintas intervencións co fin de mellorar tanto as infraestruturas de saneamento e depuración de augas residuais como as de abastecemento de auga potable á cidadanía.

Este apoio constante da Xunta ás administracións locais reflíctese tamén nas contas do presente exercicio, cun orzamento global de Augas de Galicia de 151,7 millóns de euros, un 5,5% máis ca en 2025. Deles, 7 de cada 10 euros destinaranse a abastecemento e saneamento -108,7 millóns de euros- e case a metade -73,6 millóns de euros-, especificamente a investimentos para mellorar ou construír infraestruturas hidráulicas.

Back to top button