Neste 4 de febreiro conmémorase o Día Mundial contra o Cancro. No marco desta data a Asociación Española contra o Cancro vén de saír á rúa en Valdeorras con mesas informativas: dúas delas no Barco (na praza do Concello e na entrada do Hospital Público de Valdeorras), unha na Rúa e outra en Petín. Ademais no Barco esta tarde está prevista a proxección solidaria da película “O último suspiro” no Teatro Lauro Olmo.
“A Asociación en Ourense conmemora este 4F cunha ampla axenda de actividades informativas e de sensibilización por toda a provincia. Ao longo da xornada instaláronse múltiples mesas informativas en diferentes concellos e centros hospitalarios, acompañadas de accións simbólicas como a repartición dos brazaletes de esperanza ou a presenza de marcos fotográficos para fomentar a participación cidadá”, tal e como indica a entidade. Ademais neste marco pacientes e familiares, a través da Asociación Española Contra o Cancro, reclaman a necesidade dunha atención oncolóxica máis humana e integral.

Na cidade de Ourense, a AECC conta cunha mesa central na Rúa do Paseo. O punto informativo permanece operativo en horario de mañá e tarde, achegando á poboación información sobre prevención, acompañamento e recursos dispoñibles. Paralelamente, instaláronse mesas no hall do Edificio de Cristal do CHUO e no Hospital Santa María Nai, ambas as activas durante a mañá.
Fotos: A.R./ cedidas.
