DeportesÚltima hora

Javier Cid (Ourense Atletismo), ouro en martelo Sub18 no campionato galego de lanzamentos longos

Javier Cid, co seu compañeiro Hugo Nóvoa, no podio./ Foto: Sanysec-Ourense Atletismo.

 

Un total de nova medallas vén de colleitar o Sanysec – Club Ourense Atletismo no campionato galego de lanzamentos longos Sub8/Sub20, que se celebraba na pasada fin de semana en Pontevedra. Entre elas estaba a do valdeorrés Javier Cid, que se facía co título, en martelo Sub18 masculino. Así lograba o primeiro posto cun rexistro de 62.02 (marca mínima persoal). Nesta mesma categoría era segundo o seu compañeiro de club Hugo Nóvoa con 47.25.

As outras medallas do Sanysec – Club Ourense Atletismo son as seguintes:

– Martelo Sub18 feminino; 2ª Irene Conde con 46.94 MMP e 3ª Uxía Nogueira 43.35 MMP.
– Xavelina Sub18 feminina: 2ª Adriana Ferreiro con 32.11
– Xavelina Sub18 masculina: 1º Manuel Eirín con 46.18
– Disco Sub18 feminino: 1ª Aitana Capeáns con 38.35 e 2ª Sabela Vázquez con 31.43
– Disco Sub18 masculino: 2º Hugo Nóvoa con 41.24

Sen medallas rematou Sabela Vázquez no disco sub20 con 31.43 cunha meritoria quinta praza.

Back to top button