Bombos, cornas, sachos e gaitas soaban cun mesmo toque pola parroquia de San Martiño (Manzaneda) na tarde do Domingo Gordo. Era unha longa ronda, na que se retaba á chuvia. As Mázcaras do seu fulión, coas súas singulares danzas, enchían de cor e simbolismo cada recuncho desta parroquia.

Ao longo do percorrido había diversas paradas nas que a veciñanza ofrecíalle comida, doces e bebidas aos membros do fulión.
Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.
En breve ampliarase galería fotográfica.
