DeportesNataciónÚltima horaVídeos

O Club Natación Valdeorras conquista tres metais no galego máster de longa distancia

 

Ata Ponteareas desprazábanse o domingo 15 de febreiro os membros do Club Natación Valdeorras para participar no Campionato Galego Máster de longa Distancia. Nesta cita tomaban parte de 4 nadadores deste club cunha  “máis que reseñable nas súas respectivas categorías”, tal e como apunta o seu adestrador, Jorge Espinosa.

 

 

Así o club valdeorrés colleitaba un total de tres metais, que a piques estiveron de ser catro. Os resultados eran os seguintes:

Amparo Rodriguez de Dios 1ª en 1500 libres.

Jessica Mendez Abelaira 3ª en 800 libres

Yolanda Vazquez Gonzalez 3ª en 800 libres

Borja Torne Bobo 4º en 1500 libres.

 

 

“Foi un campionato fantástico nunha disciplina moi traballada no noso club. Estamos francamente contentos coa progresión de todos”, asegura Jorge Espinosa.

Fotos e vídeo: Club Natación Valdeorras.

 

Back to top button