
Na xornada do sábado 28 de febreiro celebrábase na localidade lucense de Sarria a proba de resistencia da Liga Galega da Moto de Campo, con presenza de pilotos valdeorreses como Diego Teixeira e Jorge Paradelo, que gañaban as súas respectivas carreiras.
Ás 12 horas disputábase a crono que decidiría a orde de saída para a carreira principal e que gañaba Paradelo, colocándose na primeira fila. E xa ás 15 horas comezaba a proba oficial dividida en varias categorías, por parellas ou individual.


“Por parellas, un piloto corría 30 minutos, pasáballe o relevo ao compañeiro e descansaba 30 minutos para volver saír ata un total de 1:30 horas cada un”, explica Teixeira, adiantando que nesta modalidade gañaban Jorge Paradelo e Senén Cortizo.
“Se ías o só tiñas que facer a hora e media seguida, sen parar nada”, conta Diego que, ao ter que traballar non podía facer a proba clasificatoria da mañá saíndo na última fila. Así e todo facía unha saída moi boa e pudo remontar moitas posicións ata poñerse 1° en elite individual e gañar a carreira “despois de estar pelexando no barro que había na parte baixa do percorrido”, quedando cuberto tal como pode verse na imaxe.

Fotos e vídeo cedidos.