Por segundo ano consecutivo o Hospital Público Valdeorras acollía un acto con motivo do 8M para “dar a coñecer aos escolares os diferentes papeis profesionais da muller na Sanidade e máis concretamente nos hospitais ourensáns”, ao que acudían alumnos de 2º da ESO do IES Lauro Olmo do Barco.
Baixo o lema “Mulleres da Sanidade, exemplos que inspiran”, na mañá deste venres 6 de marzo, expoñían a súa experiencia catro profesionais: Noelia Estévez, Técnico Emerxencias Sanitarias (Ambulancias SIL); Elena Minodora, Persoal de Limpeza (SAMAIN-CLECE); Manuela Paradelo, Técnico Superior Laboratorio Diagnóstico Clínico; e Margarita Sandiás, Fisioterapeuta.
No acto, presentado pola secretaria de Dirección, Maribel Campos, cada unha amosou a parte máis amable e tamén difícil da súa profesión, contestando pacientemente ás preguntas dos estudantes.
Fotos: Mónica G. Bellver.