OurenseÚltima hora

A AECC e O Pereiro de Aguiar amplían o convenio de “Espazos sen Fume” cunha nova zona libre de tabaco arredor do Auditorio de Os Gozos

 

O Concello do Pereiro de Aguiar e a Asociación Española Contra o Cancro en Ourense veñen de renovar e ampliar o convenio de colaboración do proxecto “Espazos sen Fume e Aerosois”, unha iniciativa destinada a protexer a saúde da cidadanía mediante a creación de contornas máis seguras e saudables libres de fume de tabaco e vapeo.

Tal como explican dende a asociación, na primeira adhesión ao proxecto, o Concello designara como espazo libre de fume toda a contorna do CEIP Ben Cho Shey, o Pavillón Deportivo e a zona onde conflúe a Ruta dos Muíños, áreas de grande afluencia familiar e educativa. “Con esta ampliación, incorpórase un novo enclave de alto valor social e cultural: os arredores do Auditorio de Os Gozos, fortalecendo así a rede municipal de espazos protexidos fronte ao fume”, indican.

 

 

O acto de sinatura contou coa presenza do presidente provincial da Asociación, Germán Rodríguez‑Saá, do alcalde de O Pereiro de Aguiar, Luis Menor, e da profesional da entidade, Patricia González, quenes destacaron a importancia de “seguir avanzando en políticas locais que promovan hábitos de vida saudable e entornos de convivencia máis seguros para toda a poboación”.

A través deste convenio a entidade comprométese a “facilitar recursos de sinalización, accións de prevención, formación e apoio para deixar de fumar, mentres que o Concello continuará impulsando a difusión da campaña e fomentará as medidas necesarias para que estes espazos manteñan o seu carácter de “Espazo sen Fume”.

 

Back to top button