DeportesFútbolÚltima horaVídeos

O CD Córgomo Vilamartín non perdoa e vence 3-1 ao CD Velle

 

Sen fallo. O CD Córgomo Vilamartín continúa a súa imparable carreira para loitar polo ascenso, sumando unha nova vitoria ao seu historial, nesta ocasión en casa fronte ao CD Velle.

 

 

Eran os locais os que se adiantaban no marcador na tarde deste domingo 8 de marzo, Día Inernacional da Muller, no campo municipal do Bañadoiro, co temperan gol de Sylla no minuto 11, chegando ao descanso co 1-0.

 

 

Tralo paso polo vestiario, os de Iván González aumentaban a diferenza co gol de Dani Real no minuto 50; e seis despois, no 56′ o de Derrick. Na recta final do encontro, no minuto 86 marcaban os visitantes pero ambos equipo quedadan sen tempo para máis pitando o colexiado o final co 3-1.

 

 

O líder da clasificación en Primeira Futgal, o Verín CF (que ten un partido menos), empataba no campo do Muíños con cal os valdeorreses seguen segundos pero empatados a puntos. A seguinte cita será no campo da Moreira con ese mesmo equipo, o Muíños.

 

 

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

Back to top button