OurenseÚltima hora

Trasladada unha persoa en helicóptero tras caer polas escaleiras no municipio de Avión

 

Unha persoa que sufría unha caída polas escaleiras este mediodía no municipio de Avión era trasladada en helicóptero. O suceso tiña lugar na parroquia de Nieva, no lugar de Oroso.

“O 112 Galicia recibiu o primeiro aviso por mor deste incidente arredor das 12:20 horas. Segundo indicou un particular, unha persoa precisaba asistencia sanitaria logo de caer polas escaleiras e sufrir danos cunha botella. Rapidamente, o 112 Galicia informou ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, ao GES de Avión, á Garda Civil e á Policía Local”, segundo indica o 112 Galicia.

A persoa ferida tivo que ser atendida polo persoal sanitario. Posteriormente sería trasladado ata o hospital a bordo do helicóptero medicalizado con base en Ourense, seguindo a información do 112 Galicia.

Back to top button