
A I Andaina e Ruta BTT “Senda Verde do Río Xares”, que terá lugar o vindeiro sábado 14 de marzo na Veiga, contará con 200 participantes entre as dúas modalidades de participación. Ambas son de carácter popular e non competitivo, con saída na Praza do Concello da Veiga.
A ruta BTT dará comezo ás 9:15 h (recollida de dorsais desde as 8:00 h) e consistirá nun percorrido circular de 34 km, con avituallamientos sólido e líquido nos quilómetros 18 e 34. Os participantes dispoñerán de duchas e servizo de lavado de bicicletas.
A andaina sairá ás 9:30 h (recollida de dorsais desde as 8:30 h) e contará con dúas opcións de percorrido: un roteiro lineal de 18 km con regreso en autobús ou un roteiro circular de 34 km. Haberá avituallamientos nos quilómetros 18, 26 e 34.
Durante a xornada o equipo organizador realizará fotografías do evento que, se o desexan, poderémoslles facilitar posteriormente.