DeportesPescaÚltima hora

Arranca a tempada de pesca en Valdeorras

 

A deste domingo era unha xornada especialmente agardada para os afeccionados á pesca. Dende primeira hora deste 15 de marzo moitos pescadores de zonas como Valdeorras achegábanse ás beiras de ríos, regatos ou mesmo encoros para practicar este deporte. Neste domingo arranca a nova tempada de pesca en augas continentais galegas na maior parte dos ríos da Comunidade para os 48.453 galegos que contan nestes momentos con algunha licenza en vigor.

Este ano o número total de licenzas de pesca fluvial se incrementou en 784 (un 1,64% máis que en 2025), segundo os datos da Consellería de Medio Ambiente.

 

 

Galicia é un lugar privilexiado para os amantes da pesca. De feito, este ano conta con máis de 14.000 km de ríos e encoros (o 91% da rede fluvial autonómica) e 213 coutos nos que se poden practicar distintas modalidades de pesca sobre especies como a troita ou o reo. Como novidade este ano a pesca do salmón estará vedada, unha medida necesaria, tal e como explicou, para asegurar que esta especie emblemática dos ríos galegos poida recuperarse e seguir formando parte do seu patrimonio natural.

 

 

Segundo figura na orde reguladora das normas que rexerán este ano para as distintas especies en augas continentais galegas, a tempada rematará con carácter xeral o 31 de xullo. En todo caso, nos tramos de pesca sen morte prolongarase ata o 30 de setembro ao igual que en determinadas masas de auga.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Back to top button