EconomíaEconomíaÚltima horaVídeos

O Esconditte Inglés da Rúa celebra o segundo aniversario con música en directo e un xantar

 

Dous anos despois da súa apertura na Rúa, o Esconditte Inglés (rock bar), establecemento hostaleiro que substituía ao antigo local de copas Dipöp, con Vero e Santi á fronte, está xa consolidado como un espazo no que tomar unha caña, escoitar música e tamén comer.

E para celebralo, na xornada do sábado 28 de marzo tiñan unha animada festa para clientes e amigos. O programa comezaba cunha sesión vermú a cargo de Dj Repunante e un cocteleiro; despois paella e petiscos gratis; e pola tarde concerto de Querida Margot, unha banda asturiana en plena evolución creativa, cun rock potente, elegante e con empaque a través de cancións que combinan forza, melodía e “unha honestidade lírica pouco habitual”.

O espléndido día animaba aos asistentes a encher a terraza, en plena rúa Doutor Vila.

 

 

Fotos e vídeo cedidos.

Back to top button