ConcellosQuirogaÚltima hora

Edu Soto, pregoeiro dunha exitosa, animada e multitudinaria XLIV Feira do Viño de Quiroga

 

Ao longo deste 4 de abril, Sábado Santo, multitude de persoas congregábanse en Quiroga para desfrutar da XLIV Feira do Viño desta localidade. No seu recinto feiral poden catarse os viños dunhas 14 adegas da Denominación de Orixe Ribeira Sacra: Alma das Donas, Algueira, Atrium Vitis, EDV Viticultores, Alvaredos-Hobbs, Lar de Ricobao, Rectoral de Amandi, Casa de Outeiro, Val de Quiroga, Adega Gullufre, Pazo de la Cuesta, Adamare Wines, Adega Salvadur de Vilachá e Val do Frade. Ademais, nesta edición participa como adega convidada Avelino Vegas da D.O. Ribera del Duero.

 

 

O público enchía xa dende o mediodía o recinto, percorrendo as diferentes casetas, pero especialmente concorrido estaba a partir das 20-20:30h., momento no que o coñecido actor Edu Soto procedía á lectura do pregón dende o palco. Pola súa banda, Massagué, o outro actor pregoeiro, non podía acudir ao evento e enviaba un vídeo.

 

 

Despois estaba prevista a entrega de premios á ganadora do concurso para o cartel da Feira do Viño 2026: Antía Rodríguez Montenegro, natural da Ermida (Quiroga), así como ao establecemento ganador do XIV Concurso Val de Quiroga de Tapas e aos premiados no concurso de camisetas da Feira do Viño.

A festa continuará a partir das 23:30h. coa actuación do grupo La banda de ayer no palco.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Back to top button