
Na tarde deste sábado 4 de marzo, a piques de rematar a Semana Santa, a Biblioteca Municipal da Rúa acollía a presentación do libro La Hidra Eterna — Anatomia del Sistema de Control y el Despertar de la Consciencia de Suso Salgado Mateo, natural de Vilela.
Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela, Suso raballou no Banco Pastor desde 1992 ata 2009, onde experimentou directamente os mecanismos de extracción financeira que constitúen un dos alicerces da obra que presenta. Tras a súa saida do sector bancario, iniciou un proceso de transformación persoal que o levou ao ioga, práctica que cultiva desde hai máis de 20 anos e ensina desde hai quince, e á formación en Psicoterapia Gestalt (diplomado pola AET) e Bioenerxética. A súa traxectoria como investigador independente sitúase no cruce entre filosofia, análise sistémica e desenvolvemento de consciencia.

De aí nace este ensaio de 509 páxinas que emprega o mito de Hércules e a Hidra como marco estrutural para cartografar nove mecanismos de control que operan simultaneamente sobre a consciencia humana: desde a autoridade vertical e a competencia xerarquizada ata a monopolización do coñecemento, a domesticación do feminino ou a desconexión trascendente. A tese central é que estes mecanismos non precisan conspiración nin arquitecto central: cada cabeza da Hidra crea as condicións óptimas para as demais, e cada oposición mal orientada fortalece o conxunto.
O libro traza correspondencias fractais entre a bioloxia celular, o psiquismo individual e a dinámica colectiva, propoñendo que os mesmos patróns parasitarios se reproducen a todalas escalas. Non é teoria da conspiración, nin autoaxuda, nin dogma espiritual: é unha ferramenta de diagnóstico para quen intúe a natureza parasitaria do que se presenta como «normal» e busca unha terceira via entre a rebelión reactiva e o retiro escapista.

O encargado de presentar ao autor era o concelleiro rués, Avelino Fernández Seco.
Fotos cedidas.