OurenseÚltima hora

Cursos AFD en Cruz Vermella de atención sociosanitaria e a vítimas en catástrofes, docencia e tempo libre

O de Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, no Barco de Valdeorras, comezará o vindeiro día 13

 

A área de Educación de Cruz Vermella en Ourense ten aberto o prazo de inscrición para diferentes curso que darán inicio proximamente.

  • Habilitación para a docencia en graos A, B e C do Sistema de Formación Profesional – 07/04/2026
  • Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais – 07/04/2026
  • Dinamización de actividades de tempo libre educativo infantil e xuvenil – 16/04/2026
  • Atención sanitaria a múltiples vítimas e catástrofes – 06/05/2026
  • Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (O Barco de Valdeorras) – 13/04/2026

Son cursos AFD da Xunta de Galicia, impartidos por Cruz Vermella, totalmente gratuitos e con prácticas en empresas. Trala formación, o alumnado recibe un Certificado de Profesionalidade que mellora a súa empregabilidade favorecendo a inserción laboral no sector correspondente.

Neste momento están formándose xa 39 persoas nas primeiras edicións deste ano dos cursos de Transporte sanitario (en Ourense e O Barco de Valdeorras), e Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais.

Durante o 2025, un total de 107 persoas recibiron o seu certificado nos cursos de Dirección e coordinación de actividades de tempo libre educativo infantil e xuvenil; Atención sociosanitaria a persoas no domicilio; Promoción para a igualdade efectiva de mulleres e homes; Transporte sanitario; Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións Sociais e Habilitación para a docencia en graos A, B e C do Sistema de Formación Profesional.

As persoas interesadas poden dirixirse directamente a Cruz Vermella chamando ao 988 22 24 84 ou no enderezo electróncio ourense@cruzroja.es.

Back to top button